Que pensamos nós, as mozas e mozos de Culleredo?
Vostede pode participar ata o 30-09-2023, 23:59Fases
Esta fase require inscrición, rexistrarse na web para participar.
Vostede debe iniciar sesión
ParticipaVostede debe crear una conta
Vostede debe rexístrarsePor que iniciamos este proceso?
Como imaxinas o Culleredo dos próximos anos? Que melloras cres imprescindibles? O Concello quere coñecer a túa opinión, ideas e visión para debuxar conxuntamente o futuro do municipio. É hora de ter opinión pública. Cremos que a xente nova ten moito que dicir, a túa opinión é moi importante para nós. Participas?
Cantas fases ten o proceso?
O proceso constará de tres fases nas que poderás opinar, propoñer e decidir todas aquelas ideas de mellora que teñas:
Fase 1
CONOCER: A partir do 15 de febreiro poderás participar nunha enquisa para opinar sobre os temas que máis che importan dentro do concello. Con isto queremos saber o que senten, como pensan e que ideas de mellora poden aportar os mozos de Culleredo.
Fase 2
COMPARTIR: A partir do 1 de marzo abriremos unha fase de propostas na que calquera persoa de entre 16 e 35 anos poderá compartir as súas ideas e demandas. Dende o Concello encargarémonos de facelos realidade.
Fase 3
DECIDIR: O 1 de setembro comezará a última fase. Un período de votación no que poderás votar as propostas que queres que se leven a cabo.
O Concello de Culleredo levará a cabo aqueles proxectos con máis votos. As súas demandas serán avaliadas e as propostas gañadoras consignaranse en 2024.
Votación das propostas cidadás publicadas pola mocidade de Culleredo e revisadas polo Concello