Xa teño conta Únete!
×
  • Non tes notificacións novas

Política de privacidade

Esta política de privacidade é de aplicación ao portal de participación do Concello de Culleredo (en diante \"o portal\"). Lea atentamente esta política de privacidade. Nela atopará información importante sobre o tratamento dos seus datos persoais, e dos dereitos recoñecidos pola normativa vixente na materia.

Reservámonos o dereito de actualizar a nosa política de privacidade en calquera momento debido a decisións comerciais ou para cumprir con calquera cambio lexislativo. Se tes dúbidas ou precisas algunha aclaración sobre a nosa Política de Privacidade ou os teus dereitos, podes contactar connosco a través das canles que se indican a continuación.

AVISO DE PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co disposto no artigo 13 do Regulamento Europeo de Protección de Datos, informámoslle:

  1. A navegación pola información dispoñible no portal é anónima.
  2. Para utilizar os servizos contidos no portal, o usuario deberá rexistrarse e facilitar previamente os datos persoais segundo a información específica que aparece en cada tipo de rexistro.
  3. Os datos facilitados serán incorporados e tratados polo Concello de Culleredo para xestionar os procesos participativos, controlar a autorización das persoas que participan neles e un reconto puramente numérico e estatístico dos resultados derivados dos procesos de participación cidadá.
  4. Como principio xeral, este sitio web non comparte nin revela información obtida, salvo cando sexa autorizada polo usuario, ou a información sexa requirida pola autoridade xudicial, o Ministerio Fiscal ou a policía xudicial, ou sexa prevista pola lei.
  5. Os datos conservaranse para a finalidade descrita mentres non se opoña nin solicite a baixa como usuario do portal do Concello. Unha vez solicitada a cancelación dos seus datos, estes serán bloqueados, só a disposición das Administracións Públicas, Xulgados e Tribunais para atender posibles reclamacións, tras o cal se procederá á supresión dos ditos datos.
  6. O interesado poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, ante o órgano responsable indicado.0
  7. Autoridade de control: a Axencia Española de Protección de Datos é a autoridade de control ante a que se poden presentar reclamacións sobre o tratamento de datos persoais.